lunes. 11.05.2026

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu, durante toda a xornada do domingo, a X Xornada técnica de reciclaxe e actualización para adestradores, organizada polo Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol.

X Xornada técnica de reciclaxe e actualización para adestradores.

 

Este encontro, integrado no calendario oficial do fútbol autonómico, ten como obxectivo principal ofrecer espazos de aprendizaxe e actualización continua para os profesionais do adestramento deportivo. A xornada forma parte das accións de formación continua necesarias para manter a vixencia das licenzas de adestrador.

Desde o Concello de Xinzo valórase moi positivamente a celebración deste tipo de encontros, que reforzan o compromiso coa formación, a profesionalización do deporte e o impulso ao fútbol base en Galicia.

Preto dun cento de asistentes acudiron a xornada.
Preto dun cento de asistentes acudiron a xornada.

Xinzo, punto de encontro dos adestradores galegos