sábado. 05.10.2024

O Concello de Xinzo vén de recibir unha subvención de 35.046,72 euros destinada á instalación dun ascensor na Casa da Cultura da vila. Esta axuda económica permitirá levar a cabo unha importante mellora nas instalacións deste emblemático espazo cultural.

Interior da Casa da Cultura de Xinzo.
Interior da Casa da Cultura de Xinzo.

 

A instalación do ascensor ten como obxectivo principal mellorar a accesibilidade, facilitando o tránsito a todas as plantas da Casa da Cultura para persoas con mobilidade reducida, anciáns e familias con nenos pequenos.

Carlos Gómez co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.
Carlos Gómez co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

 

Esta é a primeira das dúas subvencións concedidas ao Concello. A segunda achega, de arredor de 50.000 euros, destinarase á renovación do mobiliario e do chan da biblioteca da primeira planta, situada no mesmo edificio.

Unha terceira subvención foi solicitada, pero aínda non concedida, para a reparación da marquesiña situada na entrada do edificio cultural.

Xinzo invirte 51.000 euros nun ascensor para a Casa da Cultura