martes. 08.10.2024

Despois dun parón a causa da Covid - 19, este sábado a partires das 9:45 horas volven a retomarse as xornadas sociosanitarias baixo o lema "Acompañando ao longo da vila". Este proxecto está premiado coa beca de Medicina Rural pola Asociación de Médicos Galegos e a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia. Estas iniciativas están deseñadas para favorecer o encontro dos axentes que atenden á poboación e os veciños para describir problemas relacionados coas enfermidades e a forma de afrontalos. 

Haberá difusión de coñecementos e experiencias grazas a unha docena de poñentes que acudirán a esta cita. A encargada de dar comenzo a estas xonardas será a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama. A programación estará composta por duas mesas redondas. 

A primeira mesa versará sobre os procedementos nos coidados do paciente. Trataranse temas como a morte eticamente asistida ou a nutrición en persoas maiores e en pacientes en situación paliativa

A segunda mesa estará composta por médicos, traballadores sociais e familiares de pacientes que falarán sobre os prexuízos en coidados paliativos ou os coidados e a toma de decisóns ao final da vida. A clausura correrá a cargo do xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial, ás 13:30 horas. 

Inscripcións:

 

Os interesados en participar poden inscribirse chamando aos teléfonos 604 078 053 ou ó 988 461 442 ou enviando un email a [email protected]

Xinzo retoma as xornadas sociosanitarias este sábado na Casa da Cultura