viernes. 03.05.2024

Máis de 300 gaiteiros teñen unha cita este domingo na estación de montaña de Manzaneda, onde se celebra o XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que organiza a Deputación de Ourense coa apoio do Concello, a Xunta e a propia estación. Entre os participantes atópanse a Banda de Gaitas de Xinzo, que foi a anfitrioa da 1ª Fase deste certame que se celebrou na vila limiá; e a formación do Concello de Riós.

A fase final de Manzaneda, que contou con dúas previas en Xinzo e Quiroga, reunirá a 13 bandas de gaitas procedentes de Ourense, A Coruña, Luego e León para participar nesta parte do certame, tamén chamada Memorial Gabino García. Ademais dos premios para as bandas, recoñecerase aos mellores gaiteiros solistas e aos bastóns de mando.

A Banda de Gaitas de Xinzo B participa no 4º Grao, xunto coa banda Toxo Queimado de Baleira e a do Concello do Bolo, unida co Preparatorio e a banda de Quiroga. A do Concello de Riós competirá no 3º Grao coa coruñesa de San Pantaleón das Viñas e a do Concello de Esgos.

O campionato poderase seguir en directo pola canle de YouTube do director da Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo, aquí. O certame comezará o domingo ás 11:25 horas co izado de bandeiras e a Banda de Gaitas de Xinzo B actuará sobre as 11:40 horas, mentres que a do Concello de Riós faráo sobre as 11.54 horas.

Antes do remate, o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, recollerá o testigo para a vindeira celebración do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.

Xinzo e Riós estarán representados no Certame Celtibérico da Bandas de Gaitas en Manzaneda