lunes. 07.10.2024

A Asociación de Médicos Galegos e a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia proclamaron gañador o proxecto de Cristina Margusino coa primeira beca de Medicina Rural. As xornadas están previstas para o día 5 de xuño na Casa de Cultura de Xinzo despois de un parón por a pandemia.

Esta iniciativa leva por título "Acompañando ao longo da vida" que comenzará as 9:45 coa benvida da alcaldesa, Elvira Lama. Haberá duas mesas redondas. A primeira tratará sobre os procedementos nos cuidados do paciente, a morte éticamente asistida ou a nutrición en persoas maiores e en pacientes en situación paliativa. A segunda, serán protagonistas as vivencias de médicos, traballadores sociais e incluso de familiares de pacientes, que compatirán asuntos como os prexuízos en coidados paliativos. A clausura está prevista para ás 13:30 horas por Félix Rubial, xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Baldeorras.

 

Información para inscribirse:

Para apuntarse a estas xornadas pódese chamar ao teléfono da Casa da Cultura: 988 46 14 42, escribir un correo a [email protected]  ou enviando unha mensaxe por Whatsapp ou Telegram ao 604 078 053

Estas marchas están deseñadas para favorecer o encontro dos axentes que atenden á población e os veciños para describir problemas relacionados coas enfermedades e a forma de afrontalos.

As xornadas sociosanitarias volven a realizarse en Xinzo cunha decena de poñentes