sábado. 20.04.2024

A Comandancia da Garda Civil de Ourense informou esta mañá de que se tiña tomado declaración a tres persoas "como presuntos autores dun delito de estafa, branqueo de capitais e pertenza a grupo criminal", despois da denuncia presentada no Xulgado de Xinzo de Limia por un empresario da comarca.

O empresario advertiu que "persoas non autorizadas accederan ao seu correo electrónico interceptando un correo cunha factura dun cliente, e modificárona cambiando o número de conta", segundo informa a Garda Civil. A factura desviada era de de 5.408 euros. 

No transcurso da investigación após da denuncia en Xinzo, a Garda Civil sinala que detectou máis cidadáns prexudicados en Madrid, Valencia e Zamora. Mais estas persoas descoñecían que tiñan sido estafadas. A Garda Civil calcula o total do estafado en 25.000 euros. Todos os cartos foron recuperados tras o bloqueo das contas dos investigados.

As persoas investigadas, segundo informa a Comandancia, son un veciño de Granada de 43 años, unha veciña de Santander de 42 años e unha veciña de 19 años de Barcelona.

NOTICIAS A LIMIA | Unha denuncia en Xinzo destapa unha estafa de 25.000 euros en varias...