sábado. 20.04.2024

A pandemia do coronavirus segue imparable en todas as zonas da comunidade, e tamén na comarca da Limia. Día a día os contaxios de Covid - 19 aumentan nos municipios da contorna. Hoxe, o Concello de Os Blancos notifica un caso positivo. Mentres tanto, o resto das localidades da Limia mantéñense na mesma situación: Xinzo ten catro casos e Trasmiras un. 

Ante este aumento de contaxios diarios, a Xunta de Galicia está a estudar o peche de praias e parques, dende ás 00:00 horas, con máis control da Policía para que a incidencia non siga subindo. 

Os Blancos rexistra un positivo de coronavirus