martes. 28.05.2024

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) "O Viso" convoca para o vindeiro 25 de xuño as 16:30 horas o 4º encontro das familias do programa de Educación Infantil Familiar na Limia na localidade de Lodoselo

Este ano volven a retomarse estas actividades porque o ano pasado foi imposíbel debido a pandemia do coronavirus. Entre as actividades que están previstas son: tarde de xogos, intercambios e reflexións no entorno rural rodeados de natureza e animais. 

Información e inscripcións:

Calquera que estea interesado pode chamar a oficina do CDR "O Viso" ao 988 46 15 71 ou ao móbil 678 28 43 58. Ou enviando un email á [email protected].

O CDR "O Viso" promove un novo encontro das familias o próximo 25 de xuño en Lodoselo