sábado. 11.05.2024

O titular da Consellería do Medio Rural, José González, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantiveron un encontro virtual co alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, para estudar a posibilidade de levar a cabo novas melloras nas infraestructuras rurais do municipio

Este concello ten unha asignación adxudicada de case 30.000€ no plan Marco de 2021/2022 para a mellora dos camiños municipais de acceso ás parcelas agrícolas. 

González e o rexedor do municipio acordaron ofecer unha xornada informativa en setembro sobre a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Esta acción pretende poñer en coñecemento dos veciños as posibilidades que lles brinda a norma en materia de xestión da terra agroforestal, a súa ordenación de usos e o fomento da súa recuperación. 

Medio Rural e Os Blancos, na procura da mellora dos camiños municipais