miércoles. 09.10.2024

Os contaxios na Limia continúan o seu lento ascenso ata sumar un total de 39 casos activos en todo o territorio.

O concello que segue a preocupar é o de Trasmiras, que incorpora dous novos positivos ata situarse nos 13 contaxiados pola Covid, a cifra máis alta dos once membros de toda a comarca.

Tras del sitúase Xinzo de Limia, rexistrando doce casos ao subir só un dende a xornada de onte.

Vilar de Barrio tamén engade dous novos positivos e contabiliza cinco contaxios nos seus resultados.

Pola contra, o único municipio que descende en datos do coronvirus é Porqueira. O concello resta un contaxio e sitúase cun total de catro casos activos.

O resto de territorios da Limia permanece estable.

Así queda o rexistro de positivos na Limia o 18/11:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 4 (-1)
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 3
  • Sarreaus: 1
  • Trasmiras: 13 (+2)
  • Vilar de Barrio: 5 (+2)
  • Vilar de Santos: 1
  • Xinzo de Limia: 12 (+1)

 

CORONAVIRUS A LIMIA | Trasmiras, Xinzo e Vilar de Barrio, os únicos concellos que suman...