martes. 16.04.2024

Tras semanas de estabilidade nas cifras por contaxios de Covid - 19 na comarca da Limia, os concellos conformantes comezan a experimentar unha baixada xeneralizada nos seus datos. 

Calvos de Randín pasa a ter na actualidade só un caso por coronavirus -de sábado a domingo resta dous contaxios- . Porqueira entraba no fin de semana perdendo tres positivos -de oito pasaba a cinco- e mantense nesos datos. Sandiás resta un positivo e acada só un caso rexistrado en total en todo o concello. Xinzo de Limia continúa coa súa perda de contaxios e resta un positivo o domingo -quedando cun total de 15- .

Vilar de Barrio estabilizaba a súa subida de contaxios ao inicio do fin de semana, e comezaba a descender dende o domingo -tres casos menos o domingo, e un menos hoxe- ata rexistrar un total de catro positivos. A súa baixada é unha das máis notables do fin de semana.

Trasmiras figura como excepción á tendencia descendente de casos, sumando un contaxio novo no día de onte -ata figurar con catro positivos- .

Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Sarreaus e Vilar de Santos seguen a ser os concellos con cero casos de coronavirus.

Así queda o rexistro total de casos activos na Limia na data 6/09:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 1 (-2)
  • Porqueira: 5 (-3)
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 1 (-1)
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 4 (+1)
  • Vilar de Barrio: 4 (-4)
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 15 (-1)

CORONAVIRUS A LIMIA | Baixada xeneralizada de positivos que racha coa tendencia á...