Axuda de 17.000€

A Deputación concede unha subvención a Porqueira para cofinanciar un proxecto de eficiencia enerxética

Casa Consistorial de Porqueira | Foto: Concello de Porqueira
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe unha concesión de 17.000€  para o Concello de Porqueira para cofinanciar un proxecto do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) de eficiencia enerxética no alumeado público. Esta axuda económica forma parte da concesión de 400.000€ para a execución de programas e proxectos no ámbito da cooperación local.