viernes. 19.04.2024

Ás 11:50 desta mañá, un vehículo Peugeot 407 de cor negra impactaba cun tractor na carreteira OU - 1117, concretamente no punto kilométrico 7 - 500.  

O incidente produciuse no momento en que o tractor se estaba a incorporar á vía no cruce de Folgoso, en dirección Xinzo de Limia. Nese momento circulaba no mesmo rumbo -dende Vilar de Barrio- un vehículo no que viñan dous ocupantes. O automóbil intentou esquivar ao transporte agrícola pero non tivo éxito. Finalmente chocou co remolque do tractor e perdeu o control ata quedar volcado nunha leira de patacas.

Por sorte, ningún dos ocupantes dos vehículos resultaron feridos no accidente, só se produciron danos materiais.

Acudiron ata o lugar do suceso dúas patrullas da garda civil de tráfico de Verín e emerxencias sanitarias.

NOTICIAS A LIMIA | Un vehículo impacta co remolque dun tractor na OU - 1117