jueves. 25.04.2024

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou a alerta amarela por un episodio de choivas en gran parte do sur da provincia de Ourense para as 21:00 horas desta noite a as 06:00 horas da próxima madrugada.

Espéranse choivas relativamente copiosas que poden chegar ata os 15 mm / hora de precipitacións acumuladas, alcanzando os 40 mm en 12 horas.

Para o domingo darase a benvida a un novo fronte que traerá consigo máis auga.

NOTICIAS A LIMIA | Alerta amarela por choivas para esta noite e parte da madrugada