viernes. 04.10.2024

Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG, visitará Sarreaus e Xinzo este próximo martes, día 31, dentro dunha rolda de encontros sociais para coñecer de primeira man cales son as necesidades e as cuestións que máis preocupan nos pequenos e medianos concellos e incorporalas ao programa electoral municipal marco que presentará de cara ás próximas eleccións municipais. 


Pontón (Sarria, 1977), líder da oposición no Parlamento Galego desde as eleccións de hai dous anos, estará na Limia pola tarde, despois dunha xornada de mañá en Allariz onde ten prevista unha reunión con empresarios e comerciantes da localidade


Pola tarde, en Sarreaus, visitará a sede do CDR O Viso en Lodoselo para coñecer o traballo social e comunitario que desenvolve o equipo que dirixe Antonio Rodríguez Corbal. Despois, en Xinzo, ás 20:30 horas na praza dos Ovos, está previsto un acto público aberto á veciñanza


Na comarca da Limia, o BNG mantén a alcaldía de Vilar de Barrio desde as municipais de 2019. Ten representación noutros concellos, incluído Xinzo de Limia, onde Ramiro Rodríguez fai parte do goberno municipal como concelleiro de Cultura. Despois de sumar 410 votos nos comicios local, o BNG converteuse na segunda forza nas eleccións galegas do ano seguinte, superando o milleiro de votos (1.091) só por detrás do PP.


No conxunto da comarca, o BNG tamén foi a segunda forza, cun total de 2.203 apoios, o 20,6% dos votos, superando ao PSdeG-PSOE. Agora, a un ano das municipais e despois do relevo na Presidencia da Xunta de Galicia, as aspiracións das nacionalistas é seguir medrando co vento de cola do que se chamou o efecto Pontón.

NOTICIAS A LIMIA | Ana Pontón, o martes na Limia