jueves. 25.04.2024

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica este venres tres resolucións da Presidencia, asinadas por Manuel Baltar entre o 10 e o 23 do pasado mes de febreiro, polas que se establecen as axudas aos concellos adheridos a tres programas de cooperación, e que suporán unha achega de 30.500 euros por concello, para políticas en materia de emprego e de mocidade, e traballos de roza nas vías públicas

Todos os concellos da provincia, independentemente da súa poboación, recibirán as mesmas cantidades para programas de emprego (20.000 euros) e mocidade (6.000 euros). Agás a entidade menor de Berán, que recibirá a metade; e Ourense, que está fóra destes acordos. 

En total, a Deputación destina 1.830.000 euros ao denominado Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade; e 549.000 euros ao Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de mocidade

No caso da partida para limpeza das vías, o convenio de 2022 afecta 75 concellos e sete entidades mancomunadas, que recibirán 4.500 euros cada unha; en total, a partida orzamentaria ascende a 369.000 euros.

Na comarca da Limia, todos os concellos están adheridos aos tres programas, polo que Baltar, Os Blancos, Calvos, Porqueira, Rairiz, Trasmiras, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo recibirán cada un 30.500 euros, para un total na comarca de 335.000 euros.
 

NOTICIAS A LIMIA | A Deputación subvenciona políticas de emprego e mocidade con 26.000...