lunes. 07.10.2024

A chegada de novembro trae consigo unha das festas máis tradicionais da provincia: os magostos. As localidades prepáranse para festexalo en cada recuncho e as castañas serán as protagonistas, aínda que non estarán soas. Por diante quedan catro semanas cheas de festa en moitos puntos da comarca e aquí podes consultar as datas dalgúns dos magostos previstos.

PORQUEIRA 

  • Magosto popular o 5 de novembro ás 14:00h.

 

VILAR DE BARRIO

  • O 12 de novembro, a partir das 19:30h, magosto popular no pavillón municipal. O menú será de empanada con pataca, chourizos con patacas cocidas, tenreira galega con patacas asadas, castañas, bica, postres, café e viño. O prezo da entrada é de 10 euros, gratis para os menores de 10 anos, e débese confirmar asistencia antes deste mércores nas oficinas do Concello ou nos teléfono 988 44 90 00.

 

XINZO DE LIMIA

  • 5 de novembro, magosto na Praza de Oriente con xogos tradicionais a partir das 18:00h. A cea popular comezará ás 21:00h e o seu prezo é de 5 euros, que inclúe unha rifa para un sorteo. A noite rematará cunha xinacana ás 22:30h. O colectivo RAS promove este magosto, entre outros.
  • 12 de novembro, a partir das 19:00h, comezará na Praza do Oriente o magosto municipal. Lirolaio e Cero25 ofrecerán un pasarrúas que dará paso ás 20:30h ó concerto de PAN.SEN.FRON. Ás 22:00h haberá unha foliada aberta. As castañas repartiranse dende as 20:00h.
  • 19 de novembro, a Asociación A Pantalla organiza o seu magosto na Praza dos Ovos a partir das 19:00h. Comezarán con cantos de taberna antes do inicio da cea ás 21:00h, na que haberá bolos preñados, empanada, bica, castañas e viño. Para rematar, ás 21:30h arrincará unha foliada. As entradas valen 5 euros para os non socios, 3 para os que o son e 1 euro para os nenos. Pódense mercar na Óptica Lethes e en La Central Heladera de Xinzo ata o 16 de novembro.

 

VILAR DE SANTOS

  • 13 de novembro, magosto en Parada de Outeiro dende as 12:00h. Precisa de inscrición previa antes do día 10 e custa 5 euros por persoa.

 

SANDIÁS

  • 5 de novembro, na pista polideportiva municipal a partir das 19:30h, terá lugar un magosto con moita música e inchables para os cativos. O prezo é de 7 euros, gratis para os menores de seis anos.

NOTICIAS A LIMIA | A guía completa dos magostos na contorna