Domingo. 03.07.2022
ESTARÁ VIXENTE ENTRE AS 12:00 E AS 20:00 HORAS

NOTICIAS A LIMIA | Venres con alerta por tormentas e sarabia desde o mediodía na Limia

Ceo. Chuvia. Tormenta
Ceo sobre a chaira da Limia estes días. | FOTO: Noelia Caseiro.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de informar, no seu último boletín emitido ás 22:08 horas de onte 2 de xuño, da previsión dun fenómeno meteorolóxico adverso nivel de aviso amarelo por tormentas e choivas que poden derivar en precipitacións acumuladas de 15 mm por hora.

O aviso amarelo estará vixente entre as 12:00 e as 20:00 horas deste venres 3 de xuño, e afecta a todo o sur da provincia de Ourense. 

Un aviso de nivel amarelo por tormentas indica que a zona de aviso pode verse afectada por choivas e/ou ventos localmente moi fortes e/ou saraiba superior a 2 cm.

En Xinzo, as previsións de MeteoGalicia estiman nun 60% a probabilidade de chuvias durante a mañá e nun 80% pola tarde. As temperaturas manteránse entre o 7 e os 23 graos.

Para mañá sábado, xa sen alerta amarela, as probabilidades de chuvias son practicamente as mesmas que hoxe. O domingo regresaría o tempo seco.

amarelo 1
Mapa da provincia de Ourense da AEMET para este venres.

 

NOTICIAS A LIMIA | Venres con alerta por tormentas e sarabia desde o mediodía na Limia
comentarios