viernes. 26.04.2024

A Xunta de Galicia e o Estado constitúen unha comisión interdepartametal ao abeiro do Plan Estratéxico do sector agrario da Limia co obxectivo de mellorar a xestión das dexeccións gandeiras e o regadío da comarca para así garantir a viabilidade do sector agrario e a calidade de vida da poboación. 

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, apuntou que a Limia é unha das comarcas con maior producción agrícola de Galicia, tanto en productos agrícolas como en gandeiros.

Santé concluíu referíndose a tres obxectivos específicos:

  • Mellora da xestión das dexeccións gandeiras e do regadío na comarca da Limia.
  • Análise da viabilidade e do alcance das propostas de proxectos e accións extraídas do proceso de participación e do traballo de elaboración do Plan.
  • Establecemento dunha serie de medidas concretas que se poidan incluír no Plan cun compromiso de execución nun curto, medio e longo prazo. 

Xunta e Estado constitúen unha comisión para garantir a viabilidade do sector agrario...