martes. 08.10.2024

A primeira mañá da Feira do Fumeiro en Montalegre espertou xélida. O recinto abriu ás dez (hora local) mais o público tardou en aparecer. O primeiro golpe de xente chegou en autobús unha hora máis tarde. "Este ano vai ser frouxo", di Amalia, unha veterana que vende na feira cada ano desde hai case trinta. Di que primeiro viña coas carnes do porco celta, as protagonistas absolutas da cita. Hoxe vende pan e empandas para outras, dúas mulleres de Pitões das Junias, con forno artesano. "Antes da pandemia, nunha mañá despachabamos dúas fornadas, e pola tarde nin se sabe cantas". Este mediodía aínda está coa primeira.

As medidas sanitarias son estritas e os controis rigurosos. Para entrar é imprescindíbel presentar o certificado de vacinacinación. Dentro, o público segue un circuíto nunha soa dirección. Gardas de seguridade vixían para que ninguén marche en dirección contraria. Quen quere repetir visita debe saír e volver entrar. Todos os alimentos expostos nos mostradores están empaquetados con plástico. As vendedoras levan luvas. A máscara é obrigatoria. 

"Isto é resultado dun gran esforzo", di David Teixeira, vicepresidente da Câmara de Montalegre e máximo responsábel do evento nunha breve conversa co Diario do Limia despois de ter atendido a Porto Canal e a RTP. A presenza de medios con emisións en directo é un atractivo máis. "Tiñamos que volver a unha feira presencial despois da edición virtual do ano pasado, o número de visitantes non será o mesmo que antes, pero contamos con chegar á metade, uns 25.000".

Criaron 17 porcos celtas segundo as normas da organización para participar no evento deste ano. Eles teñen unhas oitenta cabezas en total.

José María e a muller teñen unha explotación nunha aldea da freguesía de Salto, ao sur de Montalegre. Criaron 17 porcos celtas segundo as normas da organización para participar no evento deste ano. Eles teñen unhas oitenta cabezas en total. Na feira on line do ano pasado déronlle saída as carnes de doce animais. Antes da pandemia, só de Chouriça de Carne (a 23 euros o quilo, este ano), podían chegar a vender nos catro días de feira uns 150 quilos. "Este ano será menos, pero estamos aquí e esperemos que a fin de semana veña moita xente e compre".

a fumeiro 2Un produtor corta xamón no seu posto da raíña do fumeiro este venres en Montalegre.

A Alheira tradicional, tamén se elabora e vende a versión que leva carne de xabarín, é outro dos produtos estrela. Este ano sae a 15 euros o quilo. Un paquete de tres, arredor dos 7 euros. Todas están plastificadas. Hai paquetes de dous, tres, cinco e máis pezas. Venden alheiras soltas, que penduran das barras, xunto aos xamóns, cabezas, queixadas colgadas en cada posto. Nun deles, desde detrás da máscara e un sombreiro, a vendedora explica que un ano bo vendíanse unhas 3.000 alheiras nos catro día. Iso, nun só posto.

a fumeiro 3Para entrar é imprescindíbel presentar o certificado de vacinacinación. Dentro, o público segue un circuíto nunha soa dirección.

A Feira do Fumeiro inaugurouse este xoves pola tarde e estará aberta até o domingo desde as dez (ás 11:00 en Galicia) até as sete (20:00 deste lado da raia). Este ano elimonouse a degustación. Mais segue habendo música, e máis produtos que os derivados do porco. Hai pan, mel e viño. Produtores locais e produtos de alta calidade segundo un patrón tan estrito como as medidas de seguridade.

a fumeiro 4A Alheira tradicional é un dos produtos estrela. Este ano sae a 15 euros o quilo.

Un grupo de acordeóns e tambores acompaña o animado baile dun grupo de visitantes até o exterior do recinto. Bailan as mulleres. Fóra arden tres enormes pezas de leña. Vai frío, mais non encenderon o lume para se quentar. O fume anuncia a quilómetros de distancia que a raiña das feiras volve estar aberta en Montalegre, a un paso da fronteira por Baltar, apenas media hora desde Xinzo. 

NOTICIAS DA RAIA | Renace a Feira do Fumeiro entre estritas medidas sanitarias e bo...