viernes. 13.12.2024

Cima de Ribeira é unha das vinte parroquias de Xinzo, a última aldea pegando aos Blancos. No padrón de 2009 rexistraba 52 habitantes; no de 2017, 28. “Agora non quedan nin a metade, somos 10 aquí, e serán tres ou catro en Soutelo, alí arriba”, di Manuel sinalando unhas casas entre o bosque sen follas alá no alto xunto a dúas cuíñas. 

A estrada desde Mosteiro é un camiño de asfalto estragado. Tan mal está que os veciños usan unha pista de terra para baixar até a estrada de Lamas e coller a OU-301 cara a Xinzo. Cinco quilómetros máis arriba, no límite cos Blancos, o firme das vías cambia ao cambiar de concello. Dous quilómetros máis abaixo, en Gorgoloza, “teñen auga depurada, un centro social, boa conexión a Internet”, di Carlos, que regresou desde Allariz á casa familiar xusto despois da pandemia e cada día se despraza ao traballo a Celanova. 

“Cima de Ribeira existe”, constatou Carlos nun escrito rexistrado no Concello de Xinzo cunha lista das “carencias” que sofre a aldea e que non teñen outras nin máis arriba nin máis abaixo. Expresaba  o sentir dos veciños máis recentes, como el e como Manuel e Antonio, que en canto se xubilaron hai catro anos decidiron volver a aldea de Manuel. 

Mais para a Deputación e para o Concello, Cima de Ribeira parece non existir. “Foi sempre así. Cando mozo, Isaac Vila [alcalde de Xinzo durante 25 anos en dúas etapas entre 1979 e 2010], que era do Mosteiro, subía por aquí coas vacas. Despois debeu esquecer isto”, contan os veciños nun paseo este luns por unha aldea na que as raíces das árbores, a xeada e a auga rebentaron o asfaltado, a vexetación invade camiños que foron rúas e hai casas en ruína que ameazan con virse de todo abaixo. 

“No tempo que levo aquí”, protesta Manuel, “a maioría dos traballos de roza e limpeza fixémola entre cinco ou seis veciños”. “Hai árbores tocando o cableado eléctrico. Hai maleza entre casas de xente que vén uns días no verán. Todo isto é un perigo se houbera un lume. Pero aquí as brigadas de limpeza non aparecen”, engade Carlos. E mostran a entrada a igrexa e o cemiterio, na parte alta da aldea, que tiveron que rozar eles.

A estrada desde Mosteiro é un camiño de asfalto estragado. Tan mal está que os veciños usan unha pista de terra para baixar até a estrada de Lamas e coller a OU-301 cara a Xinzo.

O cemiterio é un exemplo do descoido e a desatención. A pequena capela está rodeada de árbores que case tocan a campá. O espazo para os soterramentos é tan reducido que construíron as tumbas máis recentes por riba do muro, e no muro altérnase as partes de pedra coas de bloque. Do outro lado da aldea, na entrada desde Xinzo está o cruceiro. O único que queda. 

Cima de Ribeira. Veciñanza. Rural. Carlos, Manuel e Antonio (7)
Cruceiro co sinal indicador á entrada de Cima de Ribeira.

Ao pé do cruceiro hai un banco, unha mangueira, un lavadoiro cuberto... hoxe xa non se pode dar volta ningunha. E tamén un sinal indicador: “Cima de Ribeira”, na base da cruz.

“Até aquí viña a procesión e daba a volta”, explican outros veciños máis vellos que interrompen a conversa da tarde. “A procesión daba a volta ao cruceiro”, intervén Manuel. “Non, non... daba a volta simplemente”, replica o veciño da casa pegada ao cruceiro. Ao pé do cruceiro hai un banco, unha mangueira, un lavadoiro cuberto... hoxe xa non se pode dar volta ningunha. E tamén un sinal indicador: Cima de Ribeira, na base da cruz.

Carlos, Manuel e Antonio préstanse para a foto diante do que foi a escola. Os dous primeiros estudaron alí nos anos sesenta, cando as casas tiñan todas veciños todo o ano. Queren que a escola se rehabilite como centro social. “Para reunións, churrascadas, conversas... en Gorgoloza teñen un, por que nós non?”. Tamén pediron ao goberno municipal que recupere as fontes. Hai tres, informan. Mesmo din que hai un forno, completamente tapado pola vexetación.

Cima de Ribeira. Veciñanza. Rural. Carlos, Manuel e Antonio (8)
Parada de autobús sen uso (non hai servizo de transporte) na entrada da aldea.

Tamén piden unha solución para a recollida de lixo. O camión pasa cada 15 días. “Dixémoslle que iso non podía ser, que o lixo cheira... e a solución foi por outro colector. Agora temos dous”, di Manuel mentres se encolle de ombreiros. Coa auga tamén hai problemas. “En Gorgoloza teñen dúas billas, unha é da traída de Xinzo e cóbrase, a outra é da traída propia. Nós pedimos algo así. Porque a auga da nosa traída vén sen tratar, ninguén a bebe, non é potábel”, anota Carlos. 

O camión pasa cada 15 días. “Dixémoslle que iso non podía ser, que o lixo cheira... e a solución foi por outro colector. Agora temos dous”, di Manuel mentres se encolle de ombreiros.

En Cima de Ribeira hai novos veciños, e ademais unha nova casa comunitaria con anciáns e traballadoras que veñen de fóra. En Cima de Ribeira hai agora algunha estudante universitaria. “Eu preciso Internet, a casa comunitaria tamén, a xente que estuda, a que vén no verán... pero a fibra óptica parou aí abaixo, a 2 quilómetros, a nós ninguén nos preguntou se estabamos interesados”, di Carlos. “E cando preguntamos no Concello, dixéronnos que iso non é competencia deles”, lembra Manuel.

Cima de Ribeira. Veciñanza. Rural. Carlos, Manuel e Antonio (10)
Carlos e Manuel, polo camiño que foi rúa.

O ano pasado, antes do verán, o concelleiro de urbanismo, Ramón Gómez, visitou a aldea. Estaba o pedáneo, que non vive aquí. Os veciños repetían ao concelleiro as súas demandas. “De todo iso está informado”, insistía o pedáneo. “Nun momento, o concelleiro volveuse cara el e espetoulle: eu a vostede non o coñezo”, din os veciños.

Despois mostráronlle un camiño, todo cuberto pola herba e terra, escarvando un pouco aparecía o asfalto. Si, dixéronlle, isto en tempos era unha rúa. Aínda hai casas habitadas nese camiño. Os veciños limpan cando poden. A maioría son anciáns. “Que dixo o concelleiro? Pois que isto viña doutra época... Si, seguramente da época de Isaac Vila. Sempre o mesmo, todos igual...”, láiase Manuel. 

NOTICIAS A LIMIA | Existe Cima de Ribeira?