martes. 08.10.2024

“Na Rousía hai carballos e lamigueiros. Pasa unha calzada romana. Sábese que alí había unha aldea pola anotación dunha voda en 1864 na Igrexa da Boullosa. Hai distintas versións de como desapareceu a aldea. Disque unha praga de formigas.Outros cren na lenda dunha rivalidade con Vilar de Perdices. O caso é que acabou mal, nun lume que arrasou a aldea, matou a todos e só sobreviviron tres mulleres. Esas tres mulleres marcharon para Baltar, dúas, e a outra para a Boullosa, por iso aqueles montes se repartiron así: dúas partes para Baltar e unha para a Boullosa”.

Fala Rosi. Veciña da Boullosa que traballa en Vilar de Santos e ten dous fillos, 12 e 15 anos, que quere que poidan “seguir vivindo na Boullosa e subindo á serra, ao Larouco, como sempre se fixo”. A nai tivo un bar na Boullosa e o pai foi concelleiro. Rosi conta que viu “medrar as greñas” dun rapaz de 16 anos que viña facer parapente e hoxe é o presidente da Federación, “da galega, penso”. Ela fíxose moi amiga dos do parapente nos noventa. E o deporte, tan singular, asentou na Boullosa o mesmo que en Baltar.

Este domingo, Rosi, Silvia e outra xente da Boullosa que queren seguir vivindo na Boullosa e camiñando pola serra, “queremos o Larouco intacto, polo menos como está hoxe”, participarán nunha marcha en defensa do monte sagrado impulsada por veciñanza de Cualedro, Baltar, Monterrei e Montalegre habituada a ver nos incendios e non nos muíños a ameaza principal. Mentres, do outro lado, o Padre Fontes, alma da memoria do Larouco, está doente estes días. Sofre o Larouco.

Mais ten quen o defenda. Rosi, a filla da do bar Palomín, comuneira, púxose diante dos enxeñeiros de Iberdrola hai unha semana en Baltar e díxolles o mesmo: “O Larouco non se toca”. Elas xa saben o que é defender o territorio e vencer aos especuladores. “A verdade é que da LAT do Xurés [a exposición pública a finais do verán] e do polígono de San Martiño [a exposición pública até decembro] nin soubemos. Unha mágoa, porque teriamos axudado coas alegacións”. Pero cando os do parapente lanzaron a alerta sobre a LAT do Larouco, empezaron a atar cabos.

Antena no Larouco 16 de agostoAntena de medición de vento no Larouco o 16 de agosto de 2021. | FOTO: Stop Eólicos Xurés Celanova

“O 27 de decembro de 2020 convocáronos a unha reunión na Boullosa cun dunha empresa chamada Bargas Solar Azul, que veu acompañado polos presidentes das comunidades de montes da Boullosa: Chaos-Larouco e Gralleiras”, conta Silvia. “Un tal Otero, o da empresa [José Otero, figura como apoderado da empresa en documentos entregados aos comuneiros], díxonos que querían poñer eólicos nos montes da Gralleira, que nos pagarían tanto por muíño e que, se nos negábamos, íamos saír perdendo cartos”. Nin lles mostrou planos da localización do polígono nin contrato ningún.

Os comuneiros protestaron, pero o alcalde, contan, dixo que a antena tiña os permisos. A antena era propiedade de Bargas Solar Azul.

En abril de 2021, Silvia, gandeira na Boullosa, foi o Concello de Baltar pedir explicacións sobre unha antena de medición de vento que aparecera no Larouco. Os comuneiros protestaron, pero o alcalde, contan, dixo que a antena tiña os permisos. A antena era propiedade de Bargas Solar Azul. Dous días despois, Silvia recibiu a visita do Seprona na súa explotación. A antena seguiu alí até finais do verán. Un día desapareceu do horizonte. Alguén tirou despois unhas fotos coa antena xa no chan. 

Distancia aeroxerador PE Larouco a antena 1,5 quilómetrosDistancia entre o último aeroxerador do P.E. Larouco (Iberdrola) e a antena que, denuncian os comuneiros, colocou Bargas Solar. Nesa área localízase agora o proxecto P.E. Tramontana, até decembro situado ao oeste da Rousía. | FOTO: Google Maps.

A antena estaba no Larouco, non nos montes da Boullosa onde Iberdrola tramitaba o seu polígono (San Martiño) e outras dúas empresas, outros dous (Tramontana e Mistral), que foron cambiados de sitio a principios deste mes de xaneiro, segundo o Rexistro Eólico de Galicia. Agora o P.E. Tramontana aparece no Larouco. E as veciñas descobren que a localización da antena está a 1,5 quilómetros do muíño máis occidental do polígono eólico do Larouco. Aquela antena -de Bargas Solar- era un aviso do que Stop Eólicos Xurés Celanova denunciou hai unha semana como “ampliación da central de Iberdrola no Larouco”.

O outro día, cando viñeron os de Iberdrola, estáballe escoitando dicir ao alcalde [José Antonio Feijoo, rexedor popular de Baltar] que a xoia é o parapente. Pois non señor, a xoia é a serra, o Larouco”.

Despois de toda a polémica arredor da LAT do Larouco, que se proxectaba para dar servizo a un polígono nos montes arraianos da Boullosa, que afectaba 4 comunidades de montes (San Paio, Sabucedo, San Martiño e Chaos-Larouco), cun aeroxerador en cada comunal, a veciñanza dun e doutro lado da serra está a descubrir que as ameazas non só contra o parapente.

“Na Rousía e en todo o alto da serra do Larouco nacen augas que regan un e outro lado das montañas. O outro día, cando viñeron os de Iberdrola, estáballe escoitando dicir ao alcalde [José Antonio Feijoo, rexedor popular de Baltar] que a xoia é o parapente. Pois non señor, a xoia é a serra, o Larouco”, subliña Rosi.

Aquela antena -de Bargas Solar- era un aviso do que Stop Eólicos Xurés Celanova denunciou hai unha semana como “ampliación da central de Iberdrola no Larouco”.

“Somos xente arraiana, temos a nosa forma de ser, e iso hai que respectalo e farémolo respectar”, advirte. E conta como o Batallón de Lobeira, irmandiño, empezou na Boullosa. E explica o que eran a beceira, cando os veciños atendían o rabaño das ovellas en función de cantas ovellas tivese cada un, “a razón dunha hora por cada catro ovellas”. E lembra como os fornos comunitarios quedaron sen uso hai apenas dez anos. 

WhatsApp Image 2022-01-26 at 16.08.24A antena, a principios deste ano, nunha fotografía cedida polos veciños.

A invasión eólica, que denuncian os colectivos ambientalistas, tocou en oso na raia. “Nin LAT do Xurés nin LAT do Larouco nin polígono de San Martiño. Queremos poder presumir de serra”, di Rosi. En San Martiño dos Peros, a comunidade de montes xa lle pon defectos ao proxecto de parque eólico de Iberdrola. E o primeiro é que nin sequera lles pediron permiso para usar o nome. En Baltar, os comuneiros que reciben alugueiro de Iberdrola pola parte que lles afecta o polígono do Larouco, din que vai chegando o momento de negociar a renovación do contrato, que veremos...

NOTICIAS A LIMIA | “Queremos o Larouco intacto, ou polo menos como está hoxe”