viernes. 26.04.2024

Toño Nóvoa, ex xogador, ex adestrador e ex presidente do Antela, suxeita o cartel con Pablo Losada, actual presidente do club. O cartel é un convite a un partido de veteranos que se celebrará xusto dentro dunha semana, o sábado 6 de agosto no Estado José Arjiz de Verín. É o primeiro derbi da nova tempada. Un partido de veteranos que se adiou un ano (falta de datas durante o verán de 2021) para conmemorar aquela tempada 1971-72 cando o Antela e o Verín inscribiron os seus equipos de veteranos na Liga Provincial de Modestos.

O sábado 6, ás 19:30 horas, no José Argiz, disputarase o primeiro Verín-Antela da tempada. Dúas semanas despois, o sábado 20 de agosto (tamén ás sete e media), os veteranos do Verín devolverán visita e A Moreira será o escenario do segundo derbi. A Federación aínda non sorteou o calendario de partidos de Preferente, na que este ano toparanse de novo os primeiros equipos do Antela e do Verín.

Celabración no 2011 do 40 aniversario dos veteranos. IMAXE Antela F.C
Celabración no 2011 do 40 aniversario dos veteranos.| IMAXE: Antela F.C

Nunha folla escrita a man, como se facían antes estas comunicacións, Toño Nóvoa avanzou a relación de xogadores chamados a vestir a camiseta branquinegra no encontro de ida. Son Pablo, Porto, Cancas, Félix, Ramón, Mandianes, Belucho, Carlos, Sindo, Dani, Pablito, Melguizo, Pepe, Benito, Prol, Ben-Barek, Poly, Toncho... e un "etcétera" que inclúe a quen poida aparecer. 

Na mesma comunicación, asinada por Toño Nóvoa, indícase que ao finalizar o partido haberá convivio e cervexas "con confraternidad y amistad deportiva".

Toño Nóvoa e Pablo Losada, co cartel do partido do próximo sábado.
Toño Nóvoa e Pablo Losada, co cartel do partido do próximo sábado.

Na mesma comunicación, asinada por Toño Nóvoa, indícase que ao finalizar o partido haberá convivio e cervexas "con confraternidad y amistad deportiva". Para a volta, na Moreira, anúnciase o nome do árbitro (Penín) e "gaiteiros e festa rachada". Por parte dos verinenses, Patolas é o encargado de xuntar xogadores e preparar a confraternización postpartido. No Antela, a pretempada está deseñada e despois da presentación este xoves, día 4, do primeiro equipo, os partidos de preparación comezarán o día 12 (presumibelmente na Moreira) diante do Loñoá. No filial, o Antela B, froito dun acordo coas Escolas Deportivas do Concello de Xinzo, está por confirmar o cadro técnico, que estará formado por adestradores das dúas entidades. 
 

FÚTBOL A LIMIA | Antela-Verín, duplo derbi (de veteranos) antes de comezar a Liga