viernes. 04.10.2024

Esta ponte construída na época da concentración parcelaria, xa non soporta o paso da maquinaría pesada para o traslado das patacas ou do cereal. Por iso, na xuntaza telemática que mantiveron fai uns días, a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, co titular da Consellería de Medio Rural, José González, solicitáronlle a "necesidade urxente" de arranxar a ponte sobre o río Limia en Solveira.

Dende a Xunta de Galicia afirman que teñen a intención de recompoñer a ponte canto antes unha vez que "os técnicos realicen os estudos pertinentes" sobre o terreo. O Goberno local xa está a preparar un proxecto detallado con este fin. Díaz agradece a disposición da Xunta porque esta ponte é "de gran importancia para o trasporte de maquinaria dedicada ao traballo do sector agrícola".

O Concello de Xinzo e a Xunta acometerán a reparación da ponte de Solveira