martes. 08.10.2024

No Boletín Oficial da Provincia (BOP) deste luns publicáronse os anuncios de ofertas de contratación dos concellos de Calvos e Porqueira. En Porqueira saíron dúas prazas, unha de persoal de limpeza e outra de auxiliar de axuda no fogar. En Calvos, precísase unha persoa auxiliar de axuda no fogar.

Nas tres ofertas, o prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles (contados desde o día seguinte da publicación). É dicir, as persoas aspirantes teñen até o próximo mércores, 20 de abril, para realizar o rexistro no concurso de méritos.

En Porqueira, as bases dos concursos están publicadas no taboleiro de anuncios do Concello de Porqueira e na sede electrónica https://porqueira. sedelectronica. gal/info. E en ambos casos o que se ofrece é un contrato laboral temporal por substitución, con duración até que finalice o proceso de selección en curso para cubrir a praza en réxime laboral fixo.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Porqueira, na Forxa, ou a través de calquera dos medios telemáticos previstos na lei, en cuxo caso será necesario notificarllo ao Concello nun correo electrónico ao enderezo [email protected].

En Calvos de Randín, as bases poden atoparse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica http://www.calvosderandin.com/webjoomla/index. php/é/concello/noticias. A modalidade da contratación é a mesma (temporal por substitución). E as solicitudes, ademais do Rexistro municipal, tamén se poden realizar por vía telemática segundo o previsto na lei, comunicándollo ao Concello no enderezo [email protected]. 


A RPT de Rairiz de Veiga

Tamén no BOP, pero na edición deste mércores 13 de abril, aparece publicada a RPT (Relación de Postos de Traballo) do Concello de Rairiz de Veiga, que foi un dos acordos plenarios da sesión ordinaria do pasado 17 de marzo.  

Os postos de funcionarios son os de secretaría, administrativo e auxiliar administrativo. Os de persoal laboral son os de axente de emprego e desenvolvemento local, asistente social, axente de información xuvenil (a media xornada), operario de limpeza de edificios, oficial de construción, oficial de electricista, oficial tractorista, chofer autobús, e 4 postos de auxiliar de axuda no fogar (un deles a xornada parcial. En total, o concello que preside Asunción Morgade (PP) conta con 15 postos de traballo. 
 

NOTICIAS A LIMIA | Tres prazas nas ofertas de contratación dos concellos de Calvos e...