jueves. 18.04.2024

A asociación de hostaleiros de Xinzo de Limia tomou finalmente a decisión de convocar un peche pasado mañá luns, e sumarse así ás distintas convocatoria de protesta no sector en todo o país. As hostaleiras e hostaleiros de Xinzo estaban a espera de completar un mínimo dun 75% de participación na votación telemática sobre a medida. Finalmente, esta mañá alcanzouse ese mínimo e a maioría, máis de 30 negocios, apoiaron o peche.


Polo tanto, este luns celebrarase a cuarta protesta de sectores directamente golpeados pola suba de prezos. Primeiro foron os transportistas, o venres 18; despois o sector primario, cunha concentración o martes 22 e a tractorada deste venres 25. O luns, día 28, será a quenda da hostalaría.


Desde a asociación de hostaleiros reclaman o apoio de todo o sector, así como o da veciñanza e institucións públicas que apoiaron as demandas de transportistas e agricultores e gandeiros.


Convocan ademais unha concentración na praza Maior de Xinzo de Limia para as 12:00 horas deste luns, e convidan a toda a hostalaría (decidan pechar ou non) a sumarse a esa protesta pública.

[EN ACTUALIZACIÓN]

AVANCE | Máis de 30 hostaleiros da asociación convocan o peche para este luns en Xinzo