AXENDA | A IV Feira das Mozas celebrarase en Xinzo o vindeiro 1 de xuño
19 de mayo de 2025 (12:14 h.)
A IV Feira das Mozas xa ten data definitiva, trala súa cancelación por motivos meteorolóxicos, celebrarase finalmente o vindeiro 1 de xuño en Xinzo de Limia. O programa será o seguinte:
- De 12:00 a 22:00 horas: Terceiro Mercado de Artesanía
- 12:00 horas: Pasarrúas cos grupos "Tarde Piache" e "Os Ghalos d’Antioquía"
- 15:00 horas: Pasarrúas con "Lirolaio"
- 16:30 horas: Xogos populares organizados polo C.D.R. O Viso
- 17:30 horas: Espectáculo de monicreques e música coa compañía "Monifates"
- 18:00 horas: Mostra de oficios tradicionais a cargo de Celso de Calvos de Randín, Blasinda, Rosa e Pepe de Muíños
- 19:00 horas: Mostra de baile e música tradicional co grupo "Tahume"
- 20:00 horas: Verbena tradicional con "A Música de Cecebre"
- 21:30 horas: Foliada aberta
Ademais, durante toda a xornada poderá visitarse a exposición “A Feira de Xinzo a través da historia”.