Xoves. 28.03.2024

Ás 12:00 horas do día hoxe, a Feira do Comercio ProLimia abría as súas portas ao público por primeira vez. A alcaldesa do Concello de Xinzo de Limia, Elvira Lama, presidía a inauguración do evento acompañada de membros do goberno e oposición, ademais da presidenta da Organización ProLimia, Conchi Conde, a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez e a xerente do Inorde -Instituto Orensano de Desarrollo Económico- , Emma González.

A política aproveitou para destacar o importante papel que xoga a feira no referente ao apoio e impulso das empresas e negocios da localidade. Resaltou que "esta é unha oportunidade única para concienciar á cidadanía de que debemos retomar o consumo no comercio local". Alabou tamén a amabilidade e profesionalidade coa que tratan os comerciantes participantes ao pobo limán, e como manteñen un papel protagonista contribuíndo a manter Xinzo de Limia vivo e activo.

A Feira do Comercio ProLimia celebrarase dende este venres ata o domingo no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia. Durante os tres días poderase mercar en 45 postos do comercio local ademais de poder disfrutar dunha ampla variedade de actividades lúdicas.

NOTICIAS A LIMIA | A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, preside a inauguración...