viernes. 04.10.2024

Este domingo 26 de setembro terá lugar, ás 10:30 horas na alameda do Toural de Xinzo de Limia, a campaña Móllate polos Ríos. Unha iniciativa que forma parte do XIV programa de Limpeza simultánea de ríos da organización, coordinada por ADEGA -Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia- e organizada polo Concello de Xinzo.

O obxectivo do plan é concienciar á sociedade sobre a limpeza a estado dos ríos, promovendo o voluntariado e a colaboración en diversas localidades de Galicia. No caso de Xinzo, este será o terceiro ano no que se levará a cabo, contando o ano pasado cuns 50 voluntarios.

No concello limiá, o programa centrarase en eliminar todo tipo de residuos contaminantes localizados no caudal e marxes do río Limia, durante aproximadamente unha hora. Noutras edicións incluso se chegaron a sustraer del lavadoras, rodas de vehículos...

Recoméndase aos voluntarios traer consigo luvas -mellor de fregar, xa que as de vinilio ou látex rompen con facilidade-, un pau cun pincho -para a recolección do lixo-, e calzado resistente ou botas de agua. Dende o concello proporcionaranse bolsas.

Para inscribirse na inicitiva haberá que realizar unha inscrición previa chamando ao 604 07 80 53 ou ben a través deste formulario http://xinzo.gal/r/mollate.Todos os participantes recibirán como agasallo unha camiseta co slogan da campaña.

O voluntariado estará baixo as normas anti - covid estipuladas, os grupos non serán de máis de dez persoas, será obrigatorio o uso de máscarilla e haberá que respectar a distancia de 1,5 metros.

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo súmase ao voluntariado de limpeza Móllate polos Ríos