jueves. 18.04.2024

A Garda Civil detivo en Allariz a unha cidadá colombiana, veciña de Xinzo de Limia, como presunta autora dun intento de roubo nunha farmacia de Allariz, segundo informou a Comandancia da Garda Civil de Ourense este martes.

Segundo a Garda Civil, a detida accedeu ao interior da farmacia e sorprendeu á propietaria, que se atopaba de costas á porta, e ameazouna "cun obxecto non identificado". Despois dun breve disputa, a propietaria do establecemento conseguiu separarse e a agresora fuxiu levándose un teléfono móbil.

A veciña de Xinzo, de 36 anos, está investigada por un delito de roubo con violencia e intimidación en grao de tentativa. O caso séguese no Xulgado de Ourense, segundo informa a Comandancia.

NOTICIAS A LIMIA | Detida unha veciña de Xinzo por un roubo nunha farmacia en Allariz