miércoles. 24.04.2024

Por terceiro ano, o Concello de Xinzo de Limia, concedeulle á Asociación LIMISI unha subvención por valor de 10.000 euros destinada ao seu programa "Educación e necesidades especiais: servizo de logopedia". Unha axuda que fora decidida no pasado pleno do 27 de xullo e resolta durante o mes de agosto, formando parte dos orzamentos da "Aplicación orzamentaria presupostaria de atencións médicas e asistenciais".

A cuantía contribúe a cubrir unha pequena parte dos gastos derivados da contratación de persoal no programa, pois só en salarios calculan máis de 20.000 euros a pagar. A cantidade restante, unida aos custes derivados de material, finánciase a través das cuotas dos usuarios.

O programa leva uns seis anos activo, contando con centos de inscritos dende a súa aplicación. Polo xeral, enfócase a cativos e a persoas adultas que padecen algunha discapacidade ou dependencia. Os nenos e nenas que asisten soen ter algún tipo de alteración da aprendizaxe, como a dislexia, a dislalia ou o TEL; pola contra, os adultos soen sufrir trastornos adquiridos, coma párkinson, demencia ou ictus.

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Xinzo aporta 10.000 euros ao servizo de logopedia de...