domingo. 06.10.2024

O Concello de Xinzo de Limia ten 9.589 habitantes segundo reflicte o padrón municipal a setembro de 2022, datos solicitados polo Partido Popular de Xinzo ao goberno local. Os populares consideran que “lonxe de buscar solucións” diante do descenso de poboación, o goberno de Elvira Lama non ten adoptado “nin unha soa medida”.


O PP subliña que a perda de habitantes desde que goberna o actual cuatripartito é de 246 habitantes; é dicir “unha media de 61,75 veciños por ano (...) moi superior a dos anos gobernados polo Partido Popular”. E que en setembro pasado situaron a poboación no “numero mais baixo de habitantes dende 1999, que previsiblemente aínda será menor a finais de ano”.


O PP lembra que en xaneiro do 2018, Elvira Lama, daquela na oposición, “acusaba ao PP dun censo que cae en picado cara un burato negro”. E mesmo solicitou da Secretaría un informe que determinara as “consecuencias xurídicas” dos prexuízos que aquela baixada de habitantes estáballes causando a institución municipal. Tamén lembran os populares que Lama estimou en 200.000 euros por ano a cantidade que ía deixar de ingresar o Concello de Xinzo polas “asignacións do Goberno Central e da Xunta de Galicia”.


“No período 2010-2019 a perda de veciños no municipio segundo o INE fora de 409 persoas, unha media de case 45 baixas por ano. Daquela, Elvira Lama acusaba directamente ao goberno do Partido Popular do descenso da poboación. Mesmo nun escrito rexistrado no mes de maio do 2018 recrimináballe esta baixada do censo, acusando aos populares de ‘estar mais ocupados do censo interno do PP que do censo de toda a veciñanza”, recorda agora o PP nun comunicado de prensa difundido este martes.

CRÍTICA POLA INSTALACIÓN DO BAZAR CHINÉS
O Partido Popular reprocha a Lama que “non fixera absolutamente nada para incrementar o padrón de habitantes durante estes tres anos e medio (...) agás quizais [de] autorizar e mesmo condonar as taxas municipais de apertura ao macro centro comercial de produtos chineses no Parque Empresarial; mentres, por outro lado, néganlle a Asociación de Empresarios do Parque a autorización para colocar uns postes co nome das rúas”.

NOTICIAS XINZO | O concello perde 61 habitantes por ano co goberno de Elvira Lama,...