lunes. 09.12.2024

A tendencia de baixada nos casos por Covid -19 que se iniciaba na anterior fin de semana na comarca da Limia continúa activa nesta xornada de mércores día oito.

O Concello de Porqueira é un dos que presenta unha maior disminución de casos positivos, pasando de cinco a tres -resta dous contaxios- . A alcaldesa, Susana Vázquez Dorado, voltou a publicar un bando informativo no que comunicaba estas cifras oficiais e chamou á responsabilidade veciñal.Bando emitido pola alcaldesa de Porqueira.

Trasmiras tamén descende pero faino dun xeito máis lento, só rexistra un caso menos deixando un total de tres positivos.

O resto de concellos con casos activos non presenta variacións nas súas cifras.

Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Sarreaus e Vilar de Santos seguen a ser os municipios con cero positivos.

Así queda o rexistro de contaxios por Covid - 19 na Limia o 8/09:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 1
  • Porqueira: 3 (-2)
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 1
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 3 (-1)
  • Vilar de Barrio: 4
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 12

CORONAVIRUS A LIMIA | Porqueira e Trasmiras rexistran só tres casos activos