sábado. 13.07.2024

O Concello de Xinzo de Limia deu a coñecer esta tarde os nomes das premiadas e premiados no Concurso Literario Infantil e Xuvenil de Narración Curta Carlos Casares. A comunicación institucional destaca que "a guerra e a esperanza" son "dúas das temáticas premiadas".

A guerra é inxusta'é o título do relato de María Sotelo Alonso, gañador na categoría de primeiro e segundo de Primaria, subliña a nota de prensa, e indica que conto mostra "aos ollos dos nenos, a traxedia dos que están a sufrir o conflito de Ucraína".

Na categoría de máis idade, a de primeiro e segundo curso de Secundaria, as gañadoras foron Noa Rodríguez Enríquez (primeiro premio, co relato Esquecer lembrar) e Naia Sánchez Rodríguez (segundo premio por A gran pintora).

Os premios de terceiro e cuarto curso de Primaria foron para o conto Ela é especial, escrito por Noa Carballo Riveiro, e Esperanza, de David Devesa González. 

Na categoría de debuxo dos cursos de Infantil, o xurado decidiu outorgar un primeiro premio colectivo aos nenos e nenas do CEIP Carlos Casares e a súa mestra Sonia Nogueiras. Navea Gil Medeiros recibirá o segundo premio. 

Os gañadores da categoría de quinto e sexto de primaria son, en primeiro e segundo posto, Leo Rodríguez Enríquez coa súa obra Ser como o avó e Carla Gómez Pérez con A máquina do tempo misteriosa

O segundo premio de primeiro e segundo de Primaria recaeu no traballo O misterio do coello desaparecido, de Antón Sánchez Joga. 

A entrega de premios realizarase mañá, as 19:00 horas, no Praza Maior, dentro da programación polo Día das Letras Galegas. Outorgaranse vales para mercar libros nas librarías da vila. 

NOTICIAS A LIMIA | A guerra na Ucraína emerxe tamén nos premios Carlos Casares