miércoles. 17.04.2024

A contestación o proxecto de polígono eólico da empresa Greenalia entre A Aguioncha e Pena Loba, que afecta a terreos dos concellos de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín, segue aumentado. A plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova, que xa rexistrou alegacións ao plan nos tres concellos, informou este martes que leva recollidas “máis de 300 alegacións contra o proxecto (...) nunha campaña encabezada por veciñanza destes concellos que está a ter un amplo respaldo entre a poboación dos núcleos rurais máis afectados”.

O pasado domingo, segundo sinala o colectivo nun comunicado, celebrouse en Feás (Calvos de Randín) unha xuntanza informativa á que acudiron “uns corenta veciños e veciñas”. Na charla coincidiron concelleiros do PSdeG-PSOE e do PP, os dous grupos con representación na corporación. E tamén activistas medioambientais do MEL (Movemento Ecoloxista da Limia) e membros do Sindicato Labrego Galego

O pasado domingo celebrouse en Feás (Calvos de Randín) unha xuntanza informativa á que acudiron "uns corenta veciños e veciñas".

Precisamente un dos membros do sindicato detallou o proxecto de Greenalia, con aeroxeradores de 200 metros de altura, sobre bases de 24 metros de diámetro e unha liña de evacuación, non contemplada no proxecto nun novo caso de fragmentación de proxectos para salvar a lexislación medioambiental, que producirá os seus propios impactos.

Esa liña fai parte dunha infraestrutura máis ampla, tamén promovida por Greenalia, que segundo advirte Stop Eólicos Xurés Celanova se fará para dar servizo aos proxectos da Fonte Santa (Bande e Verea) e Monte da Neve (Verea e Celanova), alén doutros proxectos futuros ou futuras re-potenciacións (substitución de aeroxeradores obsoletos por outros máis altos) no caso do polígono operativo do Vieiro (Bande, Verea).

Stop Eólicos Xurés Celanova tamén dixo ter noticias da actuación na zona dos chamados agapitos.

Durante a charla, tamén se advertiu das dimensións da perimetral do polígono, unhas 140 hectáreas, que toma unha parte do territorio no que se poderían instalar máis aeroxeradores cunha tramitación moito máis rápida. Ademais, se mostraron dous planos, un sobre dous proxectos na mesma zona que xa están en tramitación: Lamas II, ao sur do polígono de Lamas de Feás, e que deixaría no medio á aldea de Feás, e Serra de Gomariz, ao oeste, á altura de Covas (Os Blancos). E outro plano sobre un proxecto en suspenso, Pena Corvaceira, que se superpón en parte co polígono de Lamas de Feás, e que podería activarse en canto dispoña de enganche a unha liña de evacuación.

Poligonal e aldeas dentro da poligonal PINTÁS e O SILVOSO
Plano da poligonal, cos enclaves dos muíños e as aldeas máis próximas. | IMAXE: Stop Eólicos Xurés Celanova.

 

Stop Eólicos Xurés Celanova tamén dixo ter noticias da actuación na zona dos chamados agapitos, persoas que, pagadas por alguén, estarían tratando de asinar contratos privados con pequenos propietarios de fincas para que autoricen a instalación do tendido eléctrico da liña de alta tensión. Unha liña que tamén tivo contestación en Porqueira, onde a alcaldesa avanzou que alegará ao proxecto de Greenalia para o tendido que parte do polígono de Lamas de Feás e atravesa a parcelaria entre Reboreda e Paradela de Abeleda.

280637485_892010261661994_3998070632344188865_n
Locais de recollida de alegacións ao PE Lamas de Feás, até o 2 de xuño. | IMAXE: Stop Eólicos Xurés Celanova.


 

NOTICIAS A LIMIA | A contestación o polígono de Lamas de Feás suma 300 alegacións en...