viernes. 26.04.2024

O pasado 28 de xullo, a promotora do proxecto do polígono eólico Rebordechao -que afecta aos concellos de Laza, Vilar de Barrio e Maceda-, a compañía estatal norueguesa Statkraft, informaba nun comunicado: “Statkraft, primer productor renovable de Europa y líder en el mercado, ha adaptado a las sugerencias de los vecinos y de las comunidades implicadas los proyectos eólicos Rebordechao, en la provincia de Ourense, y Barjas, en León. Se trata de la segunda ocasión en que la compañía decide modificar las características de una instalación tras estudiar las propuestas de los diferentes agentes implicados y hacer lo propio con el también ourensano parque eólico Prada”.

O prazo para presentar alegacións contra este novo proxecto de Statkraft rematou o pasado 7 de setembro. Varias institucións públicas discutiron a viabilidade do anterior proxecto, entre elas, a Xunta, o Estado e o propio Concello de Vilar de Barrio. As razóns da oposición da Xunta e do Estado, a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil fixéronse públicas na documentación que a empresa norueguesa tivo que presentar agora. 

A NEGATIVA DA XUNTA. En abril do ano pasado, Francisco Conde, daquela conselleiro de Industria da Xunta de Galicia (hoxe, tamén vicepresidente) explicou que “en cumprimento das garantías ambientais e a limitación dos parques ás áreas do plan sectorial”, a Xunta informaría negativamente a varios proxectos que afectan ao Macizo, entre eles o de Rebordechao, e que seguen os seus trámites no Ministerio para la Transición Ecológica (MITECO). Ao mes seguinte, maio de 2021, a Xunta formalizou a súa oposición a varios proxectos en Ourense.

En agosto, a subdirectora xeral de Enerxía da Xunta, Isabel Castro, e a xefa de servizo de Enerxías Renovábeis, Raquel Carballido, asinaron o escrito polo que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética informaba desfavorabelmente do proxecto de Statkraft en Rebordechao dado que “25 dos 28 aeroxeradores, 2 das 3 torres de medición e a subestación do parque incumpren as disposicións establecidas no Plan Sectorial Eólico de Galicia”. Basicamente, esas infraestruturas estaban fóra das zonas determinadas como posíbeis enclaves de polígonos eólicos. 

 

A EMPRESA, CONTRA A XUNTA. A resposta da compañía estatal norueguesa promotora do polígono é ben simple: tedes razón, pero está na vosa man arranxalo. Nin sequera lle pide á Xunta que trace un novo mapa eólico. O que di é o seguinte: “Si bien es cierto que el proyecto de P.E. Rebordechao se sitúa fuera de las Áreas de Desarrollo Eólico (ADEs) previstas en el Plan Sectorial Eólico (PSE), no obstante, la Disposición Final Sexta de la Ley 9/2021, de 25 de febrero, de simplificación administrativa y de apoyo a la reactivación económica de Galicia viene a introducir una serie de importantes modificaciones en la Ley 8/2009, que determinan que se reconozca de forma excepcional la posibilidad de implantar parques eólicos fuera de las ADEs del PSE, y que sea posible la implantación de parques eólicos también sin proyecto sectorial (ahora proyecto de interés autonómico) en determinados supuestos”.  

Statkraft solicita “que el Consejo de la Xunta declare el proyecto de incidencia territorial por su entidad económica y social, y su función vertebradora y estructurante del territorio”. E indica que está traballando nunha acción que terá esa función: o proxecto de “agricultura vertical” Bateas na Terra, “un sistema innovador de cultivo vertical para la producción sostenible, de calidad y a precio competitivo de distintas variedades de cultivos de alto valor comercial”. E promete “una instalación para el desarrollo de la agricultura vertical de 3.000 m2 en el concello de Maceda, la más grande de España, con capacidad de cultivar más de 380.000 plantas cada mes, con una producción aproximada de 400 toneladas al año”. 

“Finalmente”, di a compañía estatal norueguesa, “también se prevé la puesta en marcha de un programa de educación ambiental dirigido tanto a las personas locales, como a los visitantes o turistas sitos en los Concellos más cercanos al desarrollo del P.E. Rebordechao”.

Rebordechao. Informe desfavorábel da Dirección Xeral de Planificación Enerxética. Agosto 2021. Aparece na documentación presentada agora por Statkraft
Informe desfavorábel da Dirección Xeral de Planificación Enerxética, de agosto de 2021, que aparece na documentación presentada agora por Statkraft.

 

A NEGATIVA DA CONFEDERACIÓN. En decembro do ano pasado, o Comisario de Augas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Xoán Novoa, asinaba alegacións contra o proxecto de Statkraft en Rebordechao, que entre outras cuestións sinalaba eivas no estudo de impacto ambiental por non detallar accións “en zonas próximas a cabeceras de cauces” nin achegar un estudo de efectos sinérxicos, xa que “se realiza únicamente sobre el parque eólico” nin se considera a liña de evacuación. A CHMS incide especialmente sobre a LAT, e constata que “existen varios apoyos en zona de policía” (12 en total) e algúns deles “muy próximos al cauce” (outros 3) ademais de accesos “que generarían cruces con la zona de policía, en algunos casos, dos cruces en poco espacio y sobre el mismo cauce”.

O escrito da Confederación advirte que “preferentemente, no se autorizarán viales con nuevos cruces sobre cauces si en las proximidades ya hay viales existentes que podrían ser utilizados. Esto es extensivo a los accesos de nueva ejecución proyectados en la línea de evacuación que generarían cruces con la hidrografía”. En canto aos impactos sinérxicos, pide que se realice un estudo tendo en conta os efectos da liña de evacuación do procecto e de parques eólicos próximos “sobre la continuidad bosque de ribera de los cauces que puedan  coincidir su cruzamiento aéreo”.

Rebordechao. Mapa da perimetral do proxecto sobre a rede hidrolóxica no informe da CHMS. Decembro 2021. Aparece na documentación presentada agora por Statkraft
Mapa da perimetral do proxecto sobre a rede hidrolóxica no informe da CHMS, de decembro de 2021, publicado na documentación presentada agora por Statkraft.

 

A EMPRESA, CONTRA A CHMS. Na súa resposta en xaneiro deste ano, que fai parte da documentación sometida agora a exposición pública, Statkraft asegura que “no se encuentra ninguna captación de agua para el abastecimiento humano, ya sea de captación superficial o subterránea, en el entorno inmediato de las futuras instalaciones del parque eólico”; que “las potenciales afecciones a la calidad del agua se estiman compatibles” en todas as fases do proxecto, e que “la potencial alteración del régimen hidrológico se estima igualmente compatible”. 

A respecto das eivas en canto ao estudo dos impactos sinérxicos, a empresa culpa á Xunta de Galicia por non ter remitido a información que solicitou á Dirección Xeral de Enerxía e Minas “relativa a los proyectos eólicos en tramitación o explotación ubicados en la envolvente de 20 kilómetros”. E asegura que utilizou para a redacción do proxecto “la mejor información disponible (…) en el Rexistro Eólico de Galicia”.

Consultada a finais de agosto polo Diario do Limia a respecto dos trámites en proceso e da posibilidade que o organismo de cunca realizase novas alegacións, a CHMS di: “o órgano tramitador [MITECO] do Estudo de Impacto Ambiental do Parque Eólico de Rebordechao realizou consulta a este organismo de bacía respecto da posible afectación do proxecto ás competencias que lle son propias consonte a lexislación de augas. O dito informe, actualmente en fase de elaboración, remitirase á Administración tramitadora do expediente administrativo, a quen deberán dirixirse para consultar os documentos que figuren no citado expediente.”

NOTICIAS XINZO | Statkraft volve sobre Rebordechao (II): cambio Macizo por planta de...