viernes. 26.04.2024

O gardameta Brais Rodríguez, que substitúe a Dalama, e o dianteiro David Lamas, ambos titulares no filial, son as dúas novidades na convocatoria do Antela para o partido de mañá (18:00 horas) no Salvador Otero da Illa de Arousa contra o Céltiga. O lateral Romero tamén regresa á lista de Sabucedo.


Coñecidas as baixas de Anxo e Tumbeiro (ambos por lesión) e de Peral (pendente do pase internacional), a outra novidade é a ausencia de Sergi na lista. O extremo negocia a súa saída do club e podería recalar nun equipo da Primeira ourensá. A de Sergi sería a segunda saída dun xogador desde que comezou a tempada despois de que Carrasco solicitase xogar no filial. A ausencia de Dalama, o porteiro suplente, obedece ao acordo que o xogador ten co club para poder disputar competicións de fútbol sala.


A expedición do Antela que partirá de Xinzo mañá domingo ás dúas da tarde estará formada polos seguintes futbolistas: Suso, Brais, Peque, Romero, Tazos, Teixeira, Juáncar, Breixo, Quintairos, Noel, Fabio, Pedro, Xabi Lamas, Xosé, Joni, Carlos, David Lamas e Borja. O adestrador conta con todos os que formaron de inicio o domingo pasado diante do Cultural Areas (2-1), salvo Tumbeiro. 


O Céltiga e o Antela suman 3 puntos en tres xornadas. Os da Illa perderon os dos últimos partidos, ambos como visitantes: 3-1 en Ponteareas contra o Cultural e 3-0 en Ribadumia contra o Umia. Esta xornada, o resto de equipos ourensáns xogan como locais. O Verín recibe ao Portonovo; o Atlético Arnoia, ao Cambados; e o Barbadás, ao Umia.

Xuvenís. Antela_Ourense CF B. 2 xornada. Liga provincial
Instantes previos do Antela-Ourense B de xuvenís este sábado na Moreira.| FOTO: Antela F.C.

DERROTA DO XUVENIL E VITORIAS DOS CADETES
En partidos disputados este sábado no Fernández Carrera de Xinzo, o Antela xuvenil cae derrotado diante do Ourense B (0-2), mentres o equipo B cadete das Escolas Deportivas de Xinzo venceu ao Arrabaldo (1-0). En Verín, o cadete A das Escolas Deportivas gañou 2-6. A próxima xornada, os xuvenís visitarán  ao Maceda.

FÚTBOL A LIMIA | Brais, David Lamas e Romero, novidades na lista do Antela