Cristina Corbillón
8 de junio de 2021, 21:15
O Concello de Vilar de Barrio publicou na súa conta de Facebook que busca, por un período de nove meses, a un enxiñeiro técnico forestal para a "Planificación preventiva nas faixas secundarias de xestión de biomasa e valorización forestal dos terreos".
As condicións para poder optar a esta contratación laboral temporal é estar inscrito como demandante de emprego na oficina do Servizo Público de Emprego Estatal de Xinzo de Limia. O Executivo local pedirá o listado de parados con estas características a ese organismo estatal polo que os que estén interesados deben anotarse a maior brevidade posible.