viernes. 26.04.2024

A famosa Festa da Pataca de Vilar de Barrio, lugar de encontro entre diversos empresarios e entidades do sector da agricultura, celebrará este ano o seu 41 aniversario, concretamente durante o domingo dez de outubro na praza do Toural. Un evento ao que a maior parte dos veciños da comarca da Limia e arredores non dubidan en faltar.

Todo o acontecemento está organizado pola Asociación de Amigos Festa da Pataca, en colaboración co propio Concello de Vilar de Barrio, a Deputación Provincial e a Xunta. De momento contan co apoio das entidades privadas de Coren e Gadis, pero o proceso segue aberto e en proceso de captación.

O obxectivo principal deste 2021 é pór en valor a pataca de secaño, aquela que o seu cultivo se realiza nun terreo moi seco e árido. Tamén se prevé recuperar moitas das actividades do resto de edicións, coma os concursos da pataca máis grande ou a máis rara -entre outros-. Haberá diversos expositores con variedades do tubérculo, e carpas con postos de degustación nos que se ofrecerán diferentes receitas que leven a pataca coma protagonista. Tampouco faltarán as exhibicións de maquinaria agraria e produtos relacionados co sector.

En caso de querer axudar á realización do evento, ponse a disposición do público un servicio de donativos no que os interesados poderán ingresar dez euros na conta de A Banca pertencente á Asociación de Amigos da Festa da Pataca. Tamén se admite a colaboración no mesmo día da celebración ou en datas previas.

NOTICIAS A LIMIA | A 41 edición da Festa da Pataca en Vilar de Barrio destacará o...