sábado. 20.04.2024

O Concello de Vilar de Barrio convoca un ano máis o concurso "O noso Nadal creativo", que acada a súa quinta edición con diversos premios en tres categorías diferentes. A veciñanza poderá participar coa presentación das súas casas engalandas, con traballos de manualidades ou coa decoración de espazos públicos. Neste último ámbito, a Igrexia de Arnuide gañou dous premios o pasado ano.

A data límite para a presentación dos traballos será o 23 de decembro e deberanse enviar as fotos dos traballos de engalando de casas ou das manualidades ao correo [email protected]. Os que queiran participar na categoría de decoración de espazos públicos terán que confirmar a participación antes do 9 de decembro no número 988 449 001, e así reservarán o lugar co que desexan unirse a este concurso.

Os premios que se entregarán serán tres cestas de Nadal para as casas mellor engalanadas, tres agasallos artesanais para os traballos manuais e as decoracións en espazos públicos optarán a gañar 500, 300 e 200 euros en metálico. Os gañadores serán elexidos por unha comisión composta por veciños de diferentes parroquias do concello.

Convocatoria do concurso "O noso Nadal creativo" de Vilar de Barrio.
Convocatoria do concurso "O noso Nadal creativo" de Vilar de Barrio.

NOTICIAS A LIMIA | Vilar de Barrio convoca o seu quinto concurso de Nadal creativo