Martes. 19.03.2024

As intensas precipitacións desta fin de semana, coa consecuente crecida nos caudais dos ríos, provocou numerosas incidencias en Vilar de Barrio. A máis grave foi o gran desprendemento de terra que houbo a última hora da tarde deste domingo na estrada que une Riobó con Prado. A vía estivo cortada durante a noite e esta mañá traballouse nas tarefas de retirada para restablecer a circulación, nas que colaborou Protección Civil, e xa se finalizaron.

Así quedou a ladeira tralo desprendemento que obstaculizou a estrada entre Riobó e Prado. | FOTO: Protección Civil Vilar de Barrio.
Así quedou a ladeira tralo desprendemento que obstaculizou a estrada entre Riobó e Prado. | FOTO: Protección Civil Vilar de Barrio.

 

Dende o Concello pediuse a última hora do domingo que só se fixesen desprazamentos que fosen imprescindibles, xa que as inundacións polo desbordamento do río Arnoia afectaron a outras vías de tránsito no municipio. A aldea de Roberdechao quedou incomunicada, ao non poder circular pola estrada que a une coa Ermida.

Tanto en Alemparte como na Aldea de Abaixo e Xidelas, estas dúas en Arnuide, tamén sufriron as consecuencias do desbordamento do Arnoia, que tamén causou incidencias en Baños de Molgas ou en Allariz.

NOTICIAS A LIMIA | Vilar de Barrio sofre as intensas chuvias con desprendementos e...