viernes. 26.04.2024

O Entroido tamén chega ao concello de Vilar de Barrio, que recupera todos os seus festexos previos á pandemia. A veciñanza volverase dar cita no Pavillón Municipal o 17 de febreiro, ás 20:00 horas, para degustar unha cea cun menú do máis completo. Ao día seguinte, o sábado 18, a Asociación de Veciños de Arnuide organizarán un desfile polas rúas da súa localidade a partir das 16:00 horas.

O menú da cea contará con ibéricos de entrante e costela de tenreira asada con patacas como prato principal. De postre, como non podía ser deoutro xeito, haberá bica e orellas de entroido, xunto con café, licor e chupitos. O prezo da entrada é de 15 euros, gratis para menores de 10 anos, e a data límite para apuntarse no Concello é o 15 de febreiro.

Despois da cea haberá que gardar forzas para desfrutar do desfile de Arnuide, composto por veciños que argallan os seus disfraces para facer un entroido do máis divertido. O pasado ano, pese á pandemia, organizárono tras non poder levalo a cabo no 2021 e, nesta ocasión, xe non haberá ningún tipo de restrición.

Cartel do Entroido en Vilar de Barrio.
Cartel do Entroido en Vilar de Barrio.

NOTICIAS A LIMIA | Vilar de Barrio festexa o Entroido cunha gran cea e un desfile