miércoles. 24.04.2024

O Concello de Vilar de Barrio, en colaboración coa asociación de mulleres rurais de Arnuide, mantén aberto o prazo de inscrición para participar en clases de pandeireta, que comezarán na vindeira semana. A data límite para apuntarse e este mércores e pódese facer a través do teléfono do Concello, no 988 409 001.

As sesións formativas comezarán en dúas datas diferentes. En Vilar de Barrio será o 7 de marzo, mentres que en Arnuide iniciarase o día 10. O horario é as 19:30 horas.

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Vilar de Barrio ofrece clases de pandeireta á veciñanza