martes. 16.04.2024

O Instituto Xeográfico Nacional notificou esta tarde ás 19:52 horas un sismo no termo municipal de Sarreaus, cunha magnitude que chegou aos 3,2 graos na escala de Richter e a 5 kilómetros de profundidade. O epicentro foi localizado entre Vilar de Barrio e Laza, ao noreste de Sarreaus.

Esta actividade sísmica foi constante en territorios próximos a Sarreaus, como é o caso de Laza, na que xa se deixaron sentir un total de 11 tremores, o máis intenso de 3,2 graos o pasado 28 de agosto ás 19:41 horas da tarde. Ocorría logo de tres meses de rexistrarse o máis potente dos últimos tempos en Laza, o do pasado 21 de maio, pouco despois da media noite, que alcanzaba os 3,6 graos.

NOTICIAS A LIMIA | Terremoto de 3,2 graos con epicentro en Sarreaus