lunes. 11.11.2024

O lume que pasadas as 22:35 horas de onte, 15 de agosto, se declarou na parroquia de Prado, en Vilar de Barrio, leva xa calcinadas unhas 20 hectáreas, segundo confirman fontes da Consellería de Medio Rural no seu parte das nove da mañá deste luns. 

Ademais, cara a unha desta pasada madrugada, tivo que cortarse a liña do tren ao seu paso polo concello de Vilar de Barrio, concretamente no kilómetro 195 da mesma, pola proximidade das lapas. 

No seu control levan participado ata o de agora catro axentes, 12 brigadas, catro autobombas e dúas pas. Tamén traballan xa na súa extinción 17 bombeiros forestais e dúas aeronaves da BRIF de Laza

 

NOTICIAS A LIMIA | O lume de Prado, en Vilar de Barrio, arrasou xa 20 hectáreas