sábado. 14.12.2024

Segundo vén de confirmar a Garda Civil de Tráfico, o piloto dunha motocicleta perdeu a vida esta tarde, pouco despois das 19:30 horas, ao colidir cunha furgoneta. O sinistro tivo lugar na localidade de Maus, no concello de Vilar de Barrio. 

Ao parecer, e tralas primeiras investigacións, o motorista, de 52 anos e natural de Ourense, perdeu o control do seu vehículo nunha curva da estrada OU-1103, na localidade de Maus, termo municipal de Vilar de Barrio, e acabou colidindo de xeito frontal cunha furgoneta que nese intre transitaba polo mesmo punto nese momento. 

O falecido viaxaba en compañía doutro motorista, que non se viu implicado no accidente. 

Ata o lugar do accidente mobilizáronse, ademáis dos servizos sanitarios, bombeiros do parque de Xinzo, efectivos do GES de Laza e voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Vilar de Barrio. Tamén se solicitou o helicóptero medicalizado do 061 que, malia trasladarse ata o punto do sinistro, regresou á base sen o ferido porque os politraumatismos do accidente acabaron provocándolle a morte no lugar. 

NOTICIAS A LIMIA | Un motorista perde a vida ao colidir cunha furgoneta, en Vilar de...