martes. 08.10.2024

O Centro de día e Fogar Residencial do Concello de Vilar de Barrio ofrecerá, para o luns 25 da semana que vén, unha sesión informativa na que se tratará o tema de envellecemento saudable. A charla terá lugar ás 11:00 horas no Salón de Actos do municipio.

O programa ten coma obxectivo informar a calquera persoa interesada -veciños, familiares de anciáns, xente de idade avanzada, coidadores especializados...- sobre o desenvolvemento do envellecemento dende un punto de vista saudable. Comezarase explicando en que consiste o proceso e como soe darse entre a poboación maior, ademais de tratar os diversos factores que interveñen nel. Prestarase especial atención a súa influencia na parte funcional, cognitiva e social dos seres humáns.

Tamén se especificarán as enfermidades máis comúns que acaban derivando do envellecemento, como a hipertensión, a diabetes e a demencia, amosando os camiños posibles para a súa prevención ou tratamento.

En caso de estar interesados en acudir á charla, deberase realizar unha inscrición previa chamando ao 988 68 06 71.

NOTICIAS A LIMIA | O Fogar Residencial de Vilar de Barrio impartirá unha charla sobre...