23 de agosto de 2021, 21:02
A estrada que conecta a pequena parroquia de Prado en Vilar de Barrio co pobo de Alberguería (Laza) está a sufrir actualmente unha pequena reconstrucción para mellorar a súa transitabilidade.
O Concello de Vilar de Barrio percibira a gran necesidade de restaurar a estrada de Prado polo que viu convinte contactar coa Consellería de Infraestructuras, a cal correu co custe total de toda a obra.
O arranxo para adecentar a estrada autonómica consistiu nun primeiro paso de limpeza das cunetas para facelas transitables e posteriormente procedeuse á restauración e asfalto de toda a carreteira.