domingo. 21.04.2024

O Concello de Vilar de Barrio presenta a través da súa rede social de Facebook o programa Concilia 2021 para todos os nenos o nenas que queiran vivir boas experiencias neste verán.

Existen dous programas. O primeiro está destinado a cativos de entre seis a 10 anos. Farán actividades de obradoiros, pinturas e moito máis. Hai en total 45 prazas. Estas accións serán dende o 5 de xullo ata o 27 de agosto nas localidades de Arnuide e Vilar de Barrio. 

O outro será para rapaces de 10 a 18 anos e poderán facer rutas en bici, sendeirismo e prevese unha excursión final de kaiak e sendeirismo na Riberia Sacra. Cóntase cunhas 24 prazas. Todo isto realizarase dende o 6 de xullo ata o 26 de agosto en diferentes lugares do Concello de Vilar de Barrio.

Todos aqueles que estén interesados poden inscribirse do 14 de xuño, ata completar aforo, nos Servizos Sociais da Casa Consistorial, chamando ao número de teléfono 988 44 90 01 ou enviando un email a [email protected]. Todas as prazas son limitadas por orden de inscripción. Teñen prioridade todos os nenos e nenas que estén empadroados no concello. 

Vilar de Barrio presenta o programa Concilia 2021