viernes. 03.05.2024

O concello da Limia con menos casos activos de contaxios pola covid-19 é Baltar. Suma só 2. Nos Blancos, Calvos, Rairiz, Sarreaus, Trasmiras e Vilar de Santos a cifra está tamén este luns por debaixo dos 10 rexistros. Durante a fin de semana (os últimos datos públicos eran do venres día 4) os números baixaron en todos os concellos agás Vilar de Barrio, que volve estar por riba dos 20.

En Xinzo de Limia a baixada continúa sendo leve, mais a tendencia é clara. Xinzo comeza a semana cun 7% de casos activos menos que o venres. Xa se sitúa nos 157 rexistros. O SERGAS, con datos de onte ás 18:00 horas fixa en 101 os novos contaxios no termo municipal durante a pasada semana (31 de xaneiro-6 de febreiro).

En Xinzo, como nos concellos veciños, os efectos da incidencia das celebracións do Entroido este sábado e domingo podería deixarse sentir a mediados de semana. Non se produciron na vila excesivas aglomeracións de xente. No conxunto da comarca o número de casos activos é de 244, e Xinzo representa o 57% desa cifra. 

Así están os rexistros
BALTAR  (variación -1)  2 (activos)
OS BLANCOS  (-3)  9
CALVOS DE RANDÍN (-5)  4
PORQUEIRA  (-2)  10
RAIRIZ DE VEIGA (-4)  8
SANDIÁS (-1)  13
SARREAUS (-3)  7
TRASMIRAS  (-3) 4
VILAR DE BARRIO (+3)  22
VILAR DE SANTOS  (-8)  8
XINZO DE LIMIA  (-13)  157

En Vilar de Barrio e Sandiás, con 22 e 13 casos activos respectivamente este luns, o número de novos contaxios durante a semana pasada foi de 13 e 12, segundo o boletín do SERGAS.

CORONAVIRUS A LIMIA | As cifras de casos activos seguen baixando en todos os concellos...